miércoles, 25 de enero de 2012

AS ORIXES DE ROMA

Benvid@s a un novo tema!
Esta semana imos comezar a falar de Roma e o seu Imperio. Como primeira aproximación, déixovos un vídeo que describe o territorio sobre o que imos traballar:



Ademais de ter unha orixe histórica, froito da relación entre os distintos pobos que habitaban na Península Itálica, a fundación da cidade de Roma está relacionada cunha lenda, a dos xemelgos Rómulo e Remo. Se queredes saber máis acerca desta lenda, podedes ver este vídeo, que fai un bo resumo...



E por último, pinchando neste enlace, descubriredes unha páxina moi interesante sobre Roma con actividades interactivas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario