Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ESO. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de noviembre de 2015

Mesopotamia

Para comezar o tema das primeiras civilizacións, inclúovos un vídeo sobre a civilización mesopotámica, para que poidades descubrir algúns aspectos desa cultura. Tamén inclúo unha ligazón a unha páxina da editorial SM, que fai un repaso moi breve polo tema e ten exercicios. Espero que vos sexa de utilidade!

miércoles, 28 de octubre de 2015

A cultura castrexa

Aínda que este apartado o traballaremos máis nun dos últimos temas, déixovos o vídeo sobre os castrexos que vimos na clase xunto con algúns máis que vos axudarán a entender mellor a vida naquela época. Disfrutádeos!

lunes, 28 de septiembre de 2015

Benvida á prehistoria!

Ola a tod@s!

Como benvida a este novo curso, déixovos a ligazón a unha aplicación que vos vai vir moi ben para traballar todos os contidos deste tema. Ten explicacións e tamén exercicios.

Tras las huellas de nuestros orígenes

E a estoutra páxina que ten un resumo máis curto de todo o tema.

Proxecto Kairos

Espero que vos sexan útiles!

viernes, 12 de junio de 2015

Vestixios gregos e romanos na Península

Premendo na seguinte ligazón poderedes acceder a un padlet no que as alumnas de Cultura Clásica nos ensinan restos gregos e romanos que podemos descubrir na Hispania romana. Disfrutádeo!

Grecia e Roma na Península Ibérica

martes, 12 de noviembre de 2013

Proceso de momificación

Ola!

O prometido é débeda, así que déixovos a ligazón ao proceso de momificación. Pinchades na imaxe e listo!


Tamén vos deixo a páxina na que vén, que ten todo o tema de Exipto explicado de maneira moi sinxela e resumida e que vos recomendo visitar.

Exipto

lunes, 23 de septiembre de 2013

Benvido curso 2013-14!!!

Ola a tod@s!

Benvidos a este novo curso, que esperamos sexa moi productivo. Como benvida déixovos este vídeo que explica como pasaron os primates a ser bípedos. Disfrutádeo!!


jueves, 13 de junio de 2013

Tema 6: Os climas

Ola a tod@s!

Para que poidades repasar e traballar mellor este tema, déixovos unhas ligazóns interesantes. En primeiro lugar, podedes pinchar nos Temas Clave de climas e paisaxe, que tedes na sección "Ligazóns interesantes" e tamén podedes consultar ClimaTic, onde tedes información sobre moitos aspectos relacionados cos climas e incluso actividades, climogramas e xogos. 

Ánimo!

 

lunes, 8 de abril de 2013

Os suevos: San Martiño de Dumio e a parroquia

Para que poidades entender mellor a importancia de San martiño dumiense déixovos este vídeo:

Tamén relacionado co mesmo tema, tedes estoutro que trata da parroquia, creada en tempos dos suevos:

lunes, 18 de febrero de 2013

Os inventos gregos

Déixovos aquí o vídeo sobre os inventores gregos, sobre todo Arquímides, porque o que xa estaba colgado non vai ben.
Disfrutádeo!!

jueves, 1 de noviembre de 2012

Introdución a Exipto

Neste post podedes descubrir e repasar moitas das características da civilización exipcia. En primeiro lugar tedes este vídeo sobre a civilización exipcia. A continuación tedes distintas ligazóns relacionadas co tema.



Nesta ligazón poderedes descubrir como obtiñan os exipcios o papiro.

Aquí tedes outra páxina para repasar, que tamén ten exercicios no menú da esquerda e mapas conceptuais.

E por último, comparto estes xogos que atopei relacionados con Exipto. Probádeos, que son do máis variado!

Pasatempos "Viaxe a Exipto"

Espero que todo o material vos sexa interesante!!

jueves, 11 de octubre de 2012

Actividades de repaso

Ola a tod@s!

Como repaso para o exame, déixovos unha ligazón ás actividades de repaso que vos propón o voso libro. Pinchades aquí e a continuación seleccionades as actividades do tema 9. Sacando que están en castelán, son exactamente  as que están propostas.

Tamén vos deixo uns vídeos de repaso:
O primeiro trata sobre o Neolítico no poboado de Çatal Hüyük:



O segundo do megalitismo en Galicia:



 Aquí podedes ver exemplos de ritos megalíticos:



E por último, con este vídeo repasaredes a Idade dos Metais na Península Ibérica:



Espero que os disfrutedes e que vos sirvan para preparar o exame!

jueves, 4 de octubre de 2012

Pinturas rupestres

Seguimos co tema da Prehistoria e coa arte nas cavernas, que podedes repasar con este vídeo sobre a cova de Altamira (Cantabria).




 Tamén vos deixo esta ligazón, a través da cal poderedes percorrer as covas de Lascaux, ver todas as pinturas rupestres cunha descrición. Impresionante!

miércoles, 16 de mayo de 2012

Mapas físicos mudos

Ola a tod@s!

Como estes tres días non imos ter clase, déixovos, como vos dixen uns enlaces a mapas mudos para que se queredes poidades traballar situando todos os puntos que falamos nos mapas físicos (repasade todo o do tema 3).
A semana que vén seguiremos situando ríos, lagos, mares...
Aquí van os enlaces:
Mapamundi físico
Mapamundi ríos
España físico
Europa físico
América físico
África físico
Asia físico
Oceanía físico

jueves, 10 de mayo de 2012

MAPAS INTERACTIVOS

Ola a tod@s!

Aquí tedes a ligazón á páxina dos mapas interactivos. Lembrade que en galego hai menos que en castelán, e que se queredes repasar o que estamos vendo no tema 3 (xeografía física), tedes que seleccionar os mapas físicos.

A ligazón levaravos directamente á páxina dos mapas físicos interactivos en galego. Se queredes repasar máis partes, seleccionádeas no menú da dereita en español.

Mapas interactivos

Espero que vos sexan de utilidade. Tamén sabedes que co Google Maps ou co Google Earth, poderedes ver todo o que estudiamos en directo. Probádeo e xa me contaredes!

Agora, e por si quedaba algunha dúbida, desvelo o misterio do CPI...



Saúdos

lunes, 30 de abril de 2012

XEOGRAFÍA E PREMIO!!

Por fin comezamos este apartado de Xeografía. Como benvida, déixovos esta ligazón a un atlas online, que vos vai a vir moi ben.

Deixo tamén estas ligazóns nas que vos explican o que vimos dos paralelos, meridianos, latitude e lonxitude con exercicios.

E un vídeo sobre as proxeccións cartográficas, as súas vantaxes e desvantaxes.

Por último, e como actividade de benvida do tema de Xeografía, terá un premio aquela persoa que sexa a primeira en escribir nos comentarios as coordenadas xeográficas onde está situado o CPI Antonio Orza Couto (latitude e lonxitude). Para atopalas podedes axudarvos do Google Maps. Ánimo e a apurarse, que a recompensa valerá a pena!!

lunes, 16 de abril de 2012

Os reinos xermánicos e o Imperio bizantino

En primeiro lugar, déixovos o enlace que vos dixen á páxina sobre o Imperio bizantino, que estivemos traballando na clase.

Imperio bizantino

A continuación, aquí tedes unha serie de vídeos que vos van axudar a entender mellor a materia. O primeiro deles trata sobre as primeiras invasións bárbaras no Imperio romano, como sucederon e as características xerais destes pobos:




O segundo deles trata sobre a expansión do Imperio bizantino:



Seguindo co mesmo tema, déixovos este que trata sobre a basílica de Santa Sofía de Constantinopla:



En canto ao mundo visigodo, tedes este vídeo sobre a expansión bárbara na Península Ibérica:







E por último, déixovos este enlace a unha páxina sobre arte visigoda.

miércoles, 21 de marzo de 2012

A vida en Hispania

Como repaso, déixovos algúns vídeos que vos poden resultar interesantes. No primeiro deles poderedes ver como era a vida en Hispania:

 

Agora ímonos centrar máis en Galicia, e en como afectou á cultura castrexa a chegada romana:

 

 E por último, déixovos este interesante documental, que se centra na fundación de Lucus Augusti, e como se transformou nunha grande urbe:

 

miércoles, 14 de marzo de 2012

Galicia na Hispania Romana

Para abrir boca con este novo tema, mirade este documental, no que poderedes aprender de forma amena máis cousas sobre os camiños e a organización viaria en Galicia durante a ocupación romana. Disfrutádeo!




sábado, 3 de marzo de 2012

PRESENTACIÓN TEMA 14

Pinchando na imaxe poderedes acceder á presentación deste tema 14: A herdanza da cultura clásica. Se hai algo no que teñades dúbidas ou que queirades comentar, xa sabedes, escribide un comentario.