martes, 6 de diciembre de 2011

Mural Grecia

Aquí vos deixo un mural sobre a expansión física do mundo grego. Espero que o disfrutedes.




Estou vendo que non se amplia para velo máis grande, así que déixovos tamén o enlace para que vexades ben as fotos e os vídeos.

http://www.glogster.com/linagl/grecia/g-6lsq7ej2p8geoqr1ergqfa0

jueves, 1 de diciembre de 2011

Máis vídeos sobre o tema de Grecia

Déixovos uns vídeos, o primeiro sobre as casas típicas de Grecia (concretamente de Atenas). Despois déixovos outro sobre o helenismo e o imperio de Alexandre Magno.
Ademais inclúo un enlace a unha páxina moi interesante sobre a figura de Alexandre.
Disfrutádeos!





domingo, 27 de noviembre de 2011

Guerras Médicas

Para ilustrar as guerras entre gregos e persas (medos) podedes ver este vídeo:



Tamén vos deixo un enlace a unha animación sobre a batalla das Termópilas (moi coñecida pola película "300"). Ver animación

A batalla de Maratón

Sodes uns bos estrategas? Poderiades guiar un exército? E se ese exército fose o grego na batalla de Maratón?
Para respostar a todas estas preguntas, propóñovos que vexades este vídeo e que vos poñades na pel de Milcíades, xeneral grego que librou a batalla de Maratón. Levaredes ás tropas a bo porto?





Presentación Tema 11

Como complemento ao que estivemos vendo na clase estes días e ao que está por vir de aquí ao día 9, déixovos esta presentación cos detalles máis importantes dentro da historia da Grecia antiga.
Botádelle un ollo e o próximo día comentarémola na clase.

jueves, 17 de noviembre de 2011

TEMA 11: O MUNDO GREGO

Ola a tod@s!

Ímoslle dar a benvida a este novo tema cun vídeo introdutorio que nos axudará a entrar en materia. Espero os vosos comentarios, tanto aquí coma na clase.

Disfrutádeo!


domingo, 30 de octubre de 2011

Ola a tod@s!

Con esta entrada damos por inaugurado o noso blog. Esperamos que vos sexa útil e que nos sirva como plataforma de comunicación!