jueves, 23 de febrero de 2012

A herdanza da cultura clásica

Voltamos do Entroido cun novo tema, a herdanza da cultura clásica. Para abrir boca, e de paso repasar algo do que falamos hoxe na clase, déixovos estes vídeos para que entendades como funcionaban os oráculos.



jueves, 2 de febrero de 2012

Actividades Roma

Atopei estas actividades que vos poden servir para repasar. Simplemente seleccionades a parte de Roma e xa está.


Actividades- Grecia y Roma

Actividades - La antigua Roma

Tamén vos deixo o enlace ao xogo que vos comentei. É para ún ou varios xogadores, así que ánimo. Aínda non demos tódolos temas que se tratan nas preguntas, pero tamén vos pode axudar de cara aos seguintes temas.

Xogar a "De Roma a Gades"

A expansión de Roma e o seu exército

Como falamos hoxe na clase, durante a República Roma conquistou moitos territorios. Neste vídeo poderedes ver un resumo deles:



Esto non sería posible de non contar con riqueza e cun exército moi numeroso e eficaz.Así se organizaban:




Para lograr esta expansión, Roma tivo que enfrontarse á potencia que naquel momento dominaba o Mediterráneo, Cartago, nas chamadas Guerras Púnicas. Aquí déixovos o vídeo que comezamos a ver na clase (por se alguén quere rematar de velo) e outro que vén un pouco máis resumido e concreto.






Se queredes ter máis información sobre as lexións romanas, armas ou calquera outra cuestión relacionada con Roma, pinchade na seguinte ligazón, e dentro dela, seleccionade o que vos interese na lista da esquerda.

Nestoutra ligazón atoparedes todo tipo de información, pero só referida ás lexións romanas.