domingo, 27 de noviembre de 2011

Guerras Médicas

Para ilustrar as guerras entre gregos e persas (medos) podedes ver este vídeo:



Tamén vos deixo un enlace a unha animación sobre a batalla das Termópilas (moi coñecida pola película "300"). Ver animación

A batalla de Maratón

Sodes uns bos estrategas? Poderiades guiar un exército? E se ese exército fose o grego na batalla de Maratón?
Para respostar a todas estas preguntas, propóñovos que vexades este vídeo e que vos poñades na pel de Milcíades, xeneral grego que librou a batalla de Maratón. Levaredes ás tropas a bo porto?





Presentación Tema 11

Como complemento ao que estivemos vendo na clase estes días e ao que está por vir de aquí ao día 9, déixovos esta presentación cos detalles máis importantes dentro da historia da Grecia antiga.
Botádelle un ollo e o próximo día comentarémola na clase.

jueves, 17 de noviembre de 2011

TEMA 11: O MUNDO GREGO

Ola a tod@s!

Ímoslle dar a benvida a este novo tema cun vídeo introdutorio que nos axudará a entrar en materia. Espero os vosos comentarios, tanto aquí coma na clase.

Disfrutádeo!