martes, 12 de noviembre de 2013

Proceso de momificación

Ola!

O prometido é débeda, así que déixovos a ligazón ao proceso de momificación. Pinchades na imaxe e listo!


Tamén vos deixo a páxina na que vén, que ten todo o tema de Exipto explicado de maneira moi sinxela e resumida e que vos recomendo visitar.

Exipto

lunes, 23 de septiembre de 2013

Benvido curso 2013-14!!!

Ola a tod@s!

Benvidos a este novo curso, que esperamos sexa moi productivo. Como benvida déixovos este vídeo que explica como pasaron os primates a ser bípedos. Disfrutádeo!!


jueves, 13 de junio de 2013

Tema 6: Os climas

Ola a tod@s!

Para que poidades repasar e traballar mellor este tema, déixovos unhas ligazóns interesantes. En primeiro lugar, podedes pinchar nos Temas Clave de climas e paisaxe, que tedes na sección "Ligazóns interesantes" e tamén podedes consultar ClimaTic, onde tedes información sobre moitos aspectos relacionados cos climas e incluso actividades, climogramas e xogos. 

Ánimo!

 

lunes, 8 de abril de 2013

Os suevos: San Martiño de Dumio e a parroquia

Para que poidades entender mellor a importancia de San martiño dumiense déixovos este vídeo:

Tamén relacionado co mesmo tema, tedes estoutro que trata da parroquia, creada en tempos dos suevos:

lunes, 18 de febrero de 2013

Os inventos gregos

Déixovos aquí o vídeo sobre os inventores gregos, sobre todo Arquímides, porque o que xa estaba colgado non vai ben.
Disfrutádeo!!