miércoles, 25 de enero de 2012

AS ORIXES DE ROMA

Benvid@s a un novo tema!
Esta semana imos comezar a falar de Roma e o seu Imperio. Como primeira aproximación, déixovos un vídeo que describe o territorio sobre o que imos traballar:



Ademais de ter unha orixe histórica, froito da relación entre os distintos pobos que habitaban na Península Itálica, a fundación da cidade de Roma está relacionada cunha lenda, a dos xemelgos Rómulo e Remo. Se queredes saber máis acerca desta lenda, podedes ver este vídeo, que fai un bo resumo...



E por último, pinchando neste enlace, descubriredes unha páxina moi interesante sobre Roma con actividades interactivas.

viernes, 20 de enero de 2012

PRESENTACIÓN POBOS PRERROMANOS

O prometido é débeda, así que aquí vos deixo unha presentación sobre os pobos prerromanos na Península. Dentro da presentación xa veñen incluídos os vídeos que puxen na clase, e mais algún outro a maiores que me pareceu interesante.
A parte dos pobos colonizadores tédela no mural da entrada anterior, así que xa non a incluín.
Espero que vos sexa útil e que a disfrutedes!

Os pobos prerromanos

domingo, 15 de enero de 2012

POBOS PRERROMANOS

Benvidos ao novo tema. Como xa sabedes, trata dos pobos que viviron na Península Ibérica e en Galicia antes da chegada dos romanos.
Como primeira aproximación, déixovos un mural no que podedes ver os principais pobos colonizadores que viñeron á Península e as súas principais aportacións. Espero que vos sexa útil.



Se non se ve o suficientemente grande, podedes pinchar aquí e amplialo.