lunes, 30 de abril de 2012

XEOGRAFÍA E PREMIO!!

Por fin comezamos este apartado de Xeografía. Como benvida, déixovos esta ligazón a un atlas online, que vos vai a vir moi ben.

Deixo tamén estas ligazóns nas que vos explican o que vimos dos paralelos, meridianos, latitude e lonxitude con exercicios.

E un vídeo sobre as proxeccións cartográficas, as súas vantaxes e desvantaxes.

Por último, e como actividade de benvida do tema de Xeografía, terá un premio aquela persoa que sexa a primeira en escribir nos comentarios as coordenadas xeográficas onde está situado o CPI Antonio Orza Couto (latitude e lonxitude). Para atopalas podedes axudarvos do Google Maps. Ánimo e a apurarse, que a recompensa valerá a pena!!

lunes, 16 de abril de 2012

Os reinos xermánicos e o Imperio bizantino

En primeiro lugar, déixovos o enlace que vos dixen á páxina sobre o Imperio bizantino, que estivemos traballando na clase.

Imperio bizantino

A continuación, aquí tedes unha serie de vídeos que vos van axudar a entender mellor a materia. O primeiro deles trata sobre as primeiras invasións bárbaras no Imperio romano, como sucederon e as características xerais destes pobos:




O segundo deles trata sobre a expansión do Imperio bizantino:



Seguindo co mesmo tema, déixovos este que trata sobre a basílica de Santa Sofía de Constantinopla:



En canto ao mundo visigodo, tedes este vídeo sobre a expansión bárbara na Península Ibérica:







E por último, déixovos este enlace a unha páxina sobre arte visigoda.