lunes, 9 de noviembre de 2015

Mesopotamia

Para comezar o tema das primeiras civilizacións, inclúovos un vídeo sobre a civilización mesopotámica, para que poidades descubrir algúns aspectos desa cultura. Tamén inclúo unha ligazón a unha páxina da editorial SM, que fai un repaso moi breve polo tema e ten exercicios. Espero que vos sexa de utilidade!

miércoles, 28 de octubre de 2015

A cultura castrexa

Aínda que este apartado o traballaremos máis nun dos últimos temas, déixovos o vídeo sobre os castrexos que vimos na clase xunto con algúns máis que vos axudarán a entender mellor a vida naquela época. Disfrutádeos!

lunes, 28 de septiembre de 2015

Benvida á prehistoria!

Ola a tod@s!

Como benvida a este novo curso, déixovos a ligazón a unha aplicación que vos vai vir moi ben para traballar todos os contidos deste tema. Ten explicacións e tamén exercicios.

Tras las huellas de nuestros orígenes

E a estoutra páxina que ten un resumo máis curto de todo o tema.

Proxecto Kairos

Espero que vos sexan útiles!

viernes, 12 de junio de 2015

Vestixios gregos e romanos na Península

Premendo na seguinte ligazón poderedes acceder a un padlet no que as alumnas de Cultura Clásica nos ensinan restos gregos e romanos que podemos descubrir na Hispania romana. Disfrutádeo!

Grecia e Roma na Península Ibérica

martes, 12 de noviembre de 2013

Proceso de momificación

Ola!

O prometido é débeda, así que déixovos a ligazón ao proceso de momificación. Pinchades na imaxe e listo!


Tamén vos deixo a páxina na que vén, que ten todo o tema de Exipto explicado de maneira moi sinxela e resumida e que vos recomendo visitar.

Exipto

lunes, 23 de septiembre de 2013

Benvido curso 2013-14!!!

Ola a tod@s!

Benvidos a este novo curso, que esperamos sexa moi productivo. Como benvida déixovos este vídeo que explica como pasaron os primates a ser bípedos. Disfrutádeo!!